¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

A loita xudicial contra a permanencia de ENCE na Ría de Pontevedra.

Single round Remaining 40 days
Received
£ 540
Minimum
£ 3,538
Optimum
£ 5,750
12 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 44

    Libro : Vinte anos en defensa do Medio Ambiente .

    Libro no que se describe a historia da APDR e bolsa.

    IMPORTANTE: Lembra que podes desgravar ate un 80% da túa aportación.
    Mais información en :https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing £ 88

    Documental "O paraiso perdido" + Vinte anos en defensa do Medio Ambiente + Bolsa

    IMPORTANTE: Lembra que podes desgravar ate un 80% da túa aportación.
    Mais información en :https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 177

    Documental "O paraiso perdido" + Vinte anos en defensa do Medio Ambiente + Bolsa + Colección de chapas.

    Libro, documental , camiseta e colección de chapas.

    IMPORTANTE: Lembra que podes desgravar ate un 80% da túa aportación.
    Mais información en :https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

Campaña de co-financiamento dos gastos xurídicos da defensa ante os Tribunais da anulación da prorroga a ENCE na Ría de Pontevedra

Needs Task Minimum Optimum
Gastos xurídicos
Previsión de gastos : costas, pagos a avogad@s e procurador@s, etc.
£ 3,538
Campañas informativas.
Informes técnicos de apio, consultarías externas , custos administrativos, xornadas de comunicación e outros.
£ 1,769
Gastos relacionados coa cofinanciación.
Gastos de envío das recompensas , os propios de Goteo e comisión bancarias.
£ 442
Total £ 3,538 £ 5,750
Necessary
Supplemental

General information

No camiño cara á recuperación da Ría de Pontevedra, un espazo natural de enorme interese polos seus valores ambientais, paisaxísticos, económicos e de lecer e calidade de vida, topámonos con agresións de distinta índole e con decisións administrativas e xudiciais que actúan coma un freo ao noso obxectivo.

A chegada da fábrica de pasta de papel ENCE á nosa Ría (nos anos 60 do pasado século) foi, sen dúbida, o maior deses atrancos.

No momento actual, estase a dirimir no Tribunal Supremo (TS) a prórroga da súa permanencia na Ría até o ano 2073, unha prórroga que na APDR temos recorrido por ser contraria á lexislación ambiental, á lóxica e ao sentido común, pois suporía -na práctica- darlle carácter de propiedade privada ao que realmente foi unha concesión administrativa en dominio público.

Con independencia de cal sexa a decisión do TS, a actuación xudicial proposta supón un reto económico que na APDR non podemos afrontar en solitario. Precisamos da túa axuda. Convencidas de que xuntas podemos conseguir a paralización desta irregular prórroga e iniciar así o noso obxectivo de recuperar a Ría para o que é a súa vocación natural, facemos un chamado á sociedade galega a colaborar economicamente coa nosa loita contra a permanencia de ENCE en Lourizán.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Perséguese a defensa xudicial do ben común fronte ao interese exclusivo da empresa ENCE, cunha concesión administrativa en dominio público marítimo-terrestre que, por lei, tiña que ter finalizado no ano 2018.

ANTECEDENTES (UN POUCO DE HISTORIA)

No ano 2016, o Goberno en funcións presidido por Mariano Rajoy -tras a modificación da Lei de Costas no 2013- concedeu á celulosa unha prórroga de 60 anos que, ao noso entender e ao dunha boa parte dos profesionais do dereito, entraba en colisión coa lexislación ambiental e co concepto de concesión administrativa, unha posición coincidente co criterio da Audiencia Nacional, que fallou a favor do noso recurso contencioso-administrativo e anulou a prórroga.

A empresa ENCE e outros actores relacionados coa mesma, recorreron en casación diante do Tribunal Supremo, que admite o seu recurso e anula a decisión da Audiencia Nacional, unha decisión que -evidentemente- non compartimos na APDR polo que actuamos en consecuencia.
A admisión polo TS dos recursos de casación de ENCE e outros actores relacionados coa empresa supuxo a anulación do fallo da Audiencia Nacional e, consecuentemente, a nosa intervención diante do Alto Tribunal.

O ESTADO ACTUAL DO TEMA

Como indicamos, a decisión sobre a concesión da prórroga á fábrica de ENCE está nas mans do TS, tribunal ao que vimos de remitir escrito promovendo “Incidente de nulidade” da decisión de aceptar os recursos. Alegamos indefensión por non terse xulgado no procedemento moitas das cuestións alegadas pola nosa Asociación (entre outras, a duración da prórroga…).

Así as cousas, existen dúas posíbeis resolucións do TS:

1ª.- Que non se admita a nulidade solicitada, con imposición de costas, o que nos obrigaría a recorrer diante do Tribunal Constitucional por considerar conculcados dereitos fundamentais.

2ª.- Que, admitindo a nosa solicitude, se declare a nulidade das actuacions levadas a cabo polo TS anulando a sentencia, dictando una nova na que se acorde a remisión á Audiencia Nacional (AN) para instar o seu pronunciamento nas cuestións non xulgadas con anterioridade ( os tres motivos imprejuzgados), o que suporía a nosa participación no expediente aberto desde a AN.

En calquera das situacións, a APDR tería que afrontar uns gastos (costas, pagos a avogad@s e procurador@s, pagos pola realización de informes técnicos externos, etc…) e no caso de ter que actuar diante do Tribunal Europeo de Xustiza, unha posibilidade que non desbotamos pero que non comtemplamos nesta solicitude de co-financiamento.

img-20240419-wa-14.jpg 007-2.jpg

Why this is important

Móvenos a necesidade de recuperar para a nosa comarca un futuro que lle foi roubado coa chegada da fábrica de celulosa, un futuro que ten que vir da man da recuperación do medio ambiente natural, dos nosos bancos marisqueiros e as nosas praias urbanas, sepultados hoxe baixo os recheos realizados para a instalación da fábrica.

Móvenos tamén a defensa do medio fronte ao cambio climático, a defensa do monte galego, hoxe inzado de eucaliptais e exposto aos voraces incendios provocados -entre outras razóns- pola desmedida cobiza das empresas que, coma ENCE, teñen nesta especie pirófila a súa principal materia prima, e a defensa da saúde e a calidade de vida.

Neste sentido, dirixímonos a todas as persoas que teñen conciencia medio ambiental, que entenden que as prácticas extractivistas e contaminadoras dalgunhas empresas téñennos levado a unha situación de emerxencia climática que obriga a posicionarse, que non hai planeta B.

img-20240419-wa0013.jpg 250601-apdr-marcha-0800-251104-facebook-jpeg-srgb- j.-romay-medionatural-.jpg

Team and experience

A nosa Asociación (APDR), cun ámbito de actuación limitado á comarca de Pontevedra, naceu no ano 1987 con dous obxectivos prioritarios: a recuperación e potenciación integral da Ría de Pontevedra e a súa contorna en todas as súas dimensións, e a defensa do medio ambiente, o urbanismo e a calidade de vida nun sentido amplo. Trátase dunha organización ecoloxista, sen ánimo de lucro, aberta, plural e independente, como se fai constar nos nosos Estatutos.

Levamos, pois, máis de 35 anos de traballo organizado, un traballo que transcende os límites xeográficos establecidos estatutariamente e que ten afrontado temáticas ambientais de moi diversa índole, o que nos ten permitido acadar unha importante implantación como colectivo e gozar dun amplo recoñecemento social na comunidade.

A nosa experiencia previa de loita social e xudicial fronte ás agresións ambientais na Ría de Pontevedra queda debidamente probada polos nosos logros en situacións similares:

1.- Temos conseguido impedir a permanencia da fábrica electroquímica ELNOSA na Ría de Pontevedra, unha fabrica de cloro, sosa e derivados, instalada no mesmo recinto fabril que ENCE, que deitou elevadas concentracións de mercurio na nosa Ría e puxo en perigo a saúde e a vida da poboación da comarca durante case 50 anos.

2.- Temos conseguido condenar aos directivos de ENCE e ELNOSA pola comisión dun delito ecolóxico polos seus vertidos á Ría e polas súas emisións contaminantes á atmosfera.

3.- Temos colaborado na consecución do traslado da empresa de taboleiros TAFISA, que ocupaba unha parcela urbana en Pontevedra, vertía directamente os seus residuos contaminantes no río Lérez e causaba danos á saúde das persoas coa emisión de enormes cantidades de partículas de pequeno tamaño.

A equipa de traballo que actuará neste proxecto estará constituído polos membros da actual Xunta Directiva da Asociación Pola Defenda da Ría, formado por trece persoas , o despacho de avogados (Mª José del Moral e Vicente Legísima), que teñen actuado xa en todos os casos sinalados, e -de ser precisos- os especialistas na materia na que se precisen informes técnicos.

imagen-de-whatsapp-2025-10-28-a-las-20.21.58-16e31

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss